REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA

O pasado venres 3 de Setembro, tense celebrado unha reunión entre os representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural.
O Director Xeral, Ricardo García-Borregón Millán, dixo que a Candidatura a Reserva de Biosfera deberá ser flexible e consesuada cos distintos municipios que conforman este territorio.
Tamén expresou que o territorio que está a traballar nesta candidatura, axústase á filosofía das Reservas de Biosfera e que esta declaración pode supoñer un importante impulso ao desenvolvemento socieconómico sostible para o mesmo.
Por outra banda, desde a Dirección Xeral tense manifestado que se van a apoiar distintas actuacións para que desde o GDR se siga avanzando nesta iniciativa.

MESA DA AUGA

No ámbito do Proxecto Life AQUA PLANN PROJECT continúan os foros das Mesas da Auga o vindeiro Martes 22, ás 18:30 h. no Salón de Plenos do Concello de Abegondo.

Nesta ocasión terá lugar a reunión da Mesa Industrial e Enerxética, onde se espera seguir avanzando na diagnose e toma de decisións, co obxectivo de asegurar o bo estado das masas de auga da bacía hidrográfica do Encoro de Abegondo-Cecebre.

Máis información: http://aqua-plann.eu/

ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR.

CONCLUSIÓNS XORNADAS "AS RESERVAS DE BIOSFERA: UNHA OPORTUNIDADE DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE"


Os días 28 e 29 de maio de 2010 tiveron lugar en A Senra (Bergondo) as Xornadas “As Reservas de Biosfera: unha oportunidade de Desenvolvemento Sostible”.

Entre os ponentes destas xornadas teñen participado: D. Javier Martín Herrero, Subdirector de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural. Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño; D. Rogelio Fernández Díaz, Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade. Consellería do Medio Rural; Dna. Natalia Beltrán Díaz e Dna. Cristina Herrero Molina do Servizo do Programa MaB. Organismo Autónomo de Parques Nacionales; D. Tomás Rueda Gaona. Coordinador da Reserva de Biosfera “Sierra de Las Nieves” (Málaga). Presidente do Consello de Xestores do Comité Español do Programa MaB; D. Pablo Ramil Rego. Director do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) e membro do Comité Español do Programa MaB; Dna. Susana Gómez Urizarna. Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Auga de La Rioja; Dna Regina Polín Rodríguez, Alcaldesa de Guitiriz e outros coordinadores/xestores da Rede Española de Reservas de Biosfera.

Entre os asistentes estiveron presentes: representantes municipais, técnicos, representantes de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, representantes de grupos ecoloxistas, persoal de centros educativos e de divulgación ambiental e representantes de distintas asociacións do territorio.

Algunhas das conclusións das xornadas teñen sido:

  • A Reserva de Biosfera contribuirá a mellorar o desenvolvemento económico e a conservación medioambiental.
  • A forza dunha Reserva de Biosfera está no compromiso dos axentes locais.
  • Enmarcada nesta figura, pódese promover unha “nova cultura empresarial”, impulsando actividades económicas, produtos e servizos máis sostibles.

CONSULTAR AS CONCLUSIÓNS: Documento de conclusións

JORNADAS "LAS RESERVAS DE BIOSFERA: UNA OPORTUNIDAD DE DESARROLLO SOSTENIBLE"

Los Grupos de Desarrollo Rural "Mariñas-Betanzos", "EuroEume" y "Comarca de Ordes", están a trabajar en una posible Candidatura a Reserva de Biosfera.

Los próximos viernes 28 y sábado 29 de Mayo tendrán lugar en el Edificio de A Senra, ayuntamiento de Bergondo, las I Jornadas "Las Reservas de Biosfera: una oportunidad de desarrollo sostenible".

En estas Jornadas participarán los responsables del Programa MaB (Hombre y Biosfera) en España, los Gestores de Reservas de Biosfera, Alcaldes de municipios en territorios declarados Reserva MaB, así como científicos y responsables políticos con los objetivos de:

  1. Acercar una información pormenorizada sobre las Reservas de Biosfera, el Programa MaB de la UNESCO, y sus objetivos y finalidades.
  2. Animar a los agentes locales a la participación en este proceso de elaboración de una posible Candidatura a Reserva de Biosfera de la UNESCO.
  3. Compartir e intercambiar las distintas experiencias llevadas a cabo desde las Reservas de Biosfera.

Programa de las Jorndas: Programa

Ficha de inscripción (gratuíta): Ficha

Más información y confirmación de asistencias: info@marinasbetanzos.org o en el teléfono 981669541.

COMEZA O PROCESO PARA A ELABORACIÓN DE CANDIDATURA

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos, Euroeume e Comarca de Ordes están executando o proxecto de cooperación “REDE DE ESPACIOS AMBIENTALMENTE COMPETITIVOS: CARACTERIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL PARA IMPULSAR A COMPETITIVIDADE DAS ACTIVIDADES E PRODUTOS ASOCIADOS”, proxecto financiado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño correspondente á convocatoria do ano 2009.

No ámbito deste proxecto, foi contratado á Universidade de Santiago de Compostela unha asistencia técnica, para identificar os recursos ambientais nos territorios de actuación, avaliar a viabilidade dunha declaración como Reserva de Biosfera e definir estratexias de valorización ambiental en cada territorio.

Froito deste proxecto, se ten decidido polos distintos GDR participantes continuar traballando nunha candidatura a Reserva de Biosfera.

Hai que destacar que este proceso de formulación debe contar coa implicación e participación dos distintos axentes locais (concellos, asociacións, técnicos, empresas, etc.), así como de expertos, organizándose nunha Comisión Xestora e un Grupo Técnico de traballo.

O feito de traballar conxuntamente a nivel dos Grupos de Desenvolvemento Rural, polo feito de ser organizacións que conxugan intereses públicos e privados, facilitará aglutinar intereses, acompañar o proceso e asegurar a participación, aproveitando as sinerxias co Programa LEADER de desenvolvemento rural.

A poboación local debe estar involucrada neste proceso, por iso a presentación pública deste proxecto, os distintos foros, así coma a utilización de ferramentas que as novas tecnoloxías nos achegan deben de servir coma canle de comunicación e participación para os poboadores do territorio, beneficiarios últimos deste proxecto.

Quédanos por diante un excitante e intenso traballo entre todos e todas nesta candidatura a Reserva de Biosfera da UNESCO, que busca conxugar a protección da natureza co desenvolvemento sostible dos nosos territorios, sendo sabedores de que é un proceso lento e non exento de atrancos.